×
Antia Barba Mariño




Naceu en Compostela, licenciouse en Bellas Artes na Universidade de Vigo e fixo un máster en animación e postproducción na Universidade Politécnica de Valencia. Participou no certame internacional de arte Ikas-art e no festival de animación Ani-mar. Foi becada en pintura na Real Academia de San Quirce de Segovia e obtivo o primeiro premio de Novos Valores da Diputación de Pontevedra. Fixo exposicións de pintura, individuais e colectivas, en Pontevedra, Tui, Vigo, Madrid, Segovia, Bilbao e Portugal. Traballou en Londres como ilustradora de campañas publicitarias do Parlamento Europeo. Na actualidade reside na súa cidade natal dedicada á ilustración, á animación e ó deseño gráfico.