O vello que foi á escola




Había unha vez un vello que tiña catro fillos. Un día decidiu compartir os seus bens entre os catro e pasar o resto da súa vida na casa deles. De primeiras foise vivir co seu fillo maior, que nun comezo tratouno con moito respecto.
«É o meu deber darlle casa e comida ó noso pai —dicía—. Debemos coidalo e vestilo». Iso durou algún tempo, pero logo deu en tratalo mal.
O pobre do vello perdeu o lugar que se lle dera na casa nun comezo. Andou coa roupa sen remendar e ninguén se ocupou de lle dar comida. [...]