Facebook
Twitter
Google +
Sempre de chós
Había unha vez un matrimonio no que home e muller, pobres e xa vellos, vivían contentos e felices, dispostos sempre a dar por ben feito o que cada cal fixese, e mostrar arreo cara de festa.
Vivían nun casoupo e tiñan un cabalo que emprestaban ós veciños da aldea cando algún deles o necesitaba para arar as terras ou carrexar herba. A cambio disto recibían os vellos algún que outro anaco de raxo no tempo da mata do porco e, no verán, algún regaliño mercado nas feiras dos arredores. Así pasaban a vida, ledos e sen envexa doutras riquezas [...]