Branca flor




Había un campesiño, casado, que tiña un fillo.
Nunha ocasión, foi o campesiño, cunha xunta de bois, para unha leira e sucedeu que os bois fuxiron, correndo cada un para o seu lado. Andou na busca deles e non os encontrou.
Despois de ter andado moi tempo en busca dos seus animais, atopouse cun cabaleiro.
—Que buscas, home?
—Unha xunta de bois.
—Dígoche onde están, cunha condición.
—Que condición?
—Darasme o primeiro ser vivo que encontres pola tarde, cando volvas á casa cos teus bois [...]