Facebook
Twitter
Google +
O rei e o labrego
Poñíase o sol e o vello labrego chamado Mateo remataba o seu diario labor no campo. Desde o lonxe chegoulle un canto que o eco ía esparexendo entre as serras. Revirouse e viu unha grande comitiva de homes dacabalo que saía do bosque e marchaba camiño adiante rumbo á aldea. Eran o rei e os seus cabaleiros que volvían da caza. O rei cabalgaba diante seguido dos grandes do reino e dos seus ministros, lucindo todos eles as súas rechamantes armaduras, mentres a banda facía soar as cornetas e cantaba cancións.
—Era unha escena fermosa. Cando Mateo viu os cabaleiros cos seus escintilantes escudos e armas, non puido arredar os ollos deles. Grande foi logo o seu aglaio ó ver que o rei fixo un sinal coa man para que a caravana se detivese, e botouse a andar polo campo adiante, seguido de tres dos seus conselleiros. Chegaron á beira do labrego, que apertou o cinto, sacudiu o po da chaqueta e, coa pucha na man, agardou, reverente, ó monarca [...]