Dous consellos e unha empanada




Cando Xan se despediu dos seus amos, cos que estivera traballando máis de vinte anos, pensou que lle ían dar unha manchea de cartos. Pero non foi así. Con moito xeito e mellores palabras, o señor díxolle:
—Nós, Xan, quedamos moi contentos de ti e do teu traballo, e queremos recompensarche o mellor posible os tantos anos que pasaches connosco. A miña muller vaiche facer un agasallo moi persoal, esta empanada de pan de trigo, que ti sabes o ben que ela a fai. Pero non quere que por ningunha razón a empeces antes de chegar a túa casa, para que a comas na compaña da túa muller que leva tanto tempo agardándote. E eu tamén che quero dar algo que o día de mañá che lembre o moito cariño que sempre che tivemos e che temos. Son estes dous consellos [...]