Facebook
Twitter
Google +
O rei Svatopluk e os tres paus
Hai mil trescentos anos, os reinos de Moravia, Bohemia e Eslovaquia achábanse unidos baixo da coroa do rei Svatopluk, fundador do Gran Imperio de Moravia. O rei Svatopluk gobernou con man de ferro, con rexa vontade, e con prudente consello, e así puido defender o seu imperio contra dos inimigos que desexaban conquistalo.
Pero chegou o día en que Svatopluk foi un home vello e enfermo, e como estaba preocupado polo futuro do seu país, chamou á beira do leito ós seus tres fillos e díxolles:
—Meus fillos, acábanseme as forzas. Matino que xa non me queda moita vida. Chameivos para vos dicir o que penso. Custoume grande esforzo construír este Imperio. Teredes axiña a responsabilidade de defendelo e de mantelo unido. Temos inimigos que o queren desfacer. Pídovos que protexades o noso Imperio [...]