A pedra de facer sopa




Este era un soldado que volvía da guerra. Chegou a unha aldea, un día de frío adoecido, vento fungón e ceo nubrado. Traía fame. Detívose diante dunha casa e pediu algo para comer.
—Non temos cousa ningunha, nin sequera para nós —dixéronlle—. E o soldado seguiu o seu camiño.
Detívose noutra casa e pediu un codelo de pan.
—Non temos pan nin para nós —volvéronlle a dicir.
—Tedes unha pota grande? —preguntou o soldado.
—Si, temos un pote de ferro [...]