Os tres irmáns e o vello sabio




Nunha casa que estaba chantada ó pé dun bulleiro, vivían tres irmáns co seu pai. Todo o mundo sabe o malo que é vivir pegado a un bulleiro: del veñen moitos contratempos e ningunha alegría. Pasou o tempo, e o pai, que estaba morrendo, chamou ós seus fillos e díxolles:
—Escoitade, rapaces. Debedes de mudarvos deste sitio. O bulleiro tróuxonos desgrazas e doenzas. Construíde unha casa nalgún lugar da ladeira da montaña, e vivide aló o mellor que poidades; pero denantes de vos poñer a traballar nela, pedídelle consello ó vello sabio que vive no bosque[...]