Facebook
Twitter
Google +
O vello gardián
Que ledo era ver desde alá enriba os barcos que esvaraban sobre o mar coma nun espello! O pequeno Ion sentíase feliz na cima daquel monte.
Seus pais foran vivir co seu avó naquela casoupa da montaña, chantada nos dourados campos de arroz. Gozaba alí de aire e sol e liberdade coma os paxaros. Que ben se vivía naquela paz do campo!
A aldea estaba alá embaixo, na beira do mar. Ion vía as casas, pequeniñas, brancas, limpas; todo aquilo era coma un xoguete. Vía tamén as persoas, que semellaban formigas rebulindo [...]