Thanh Xiong




En tempos moi remotos, nunha afastada aldea de Vietnam, naceu un neno do que falaban arreo parentes e veciños. Non era para menos. Tiña idade dabondo para camiñar, e non daba un paso; facía dous anos que debera ter comezado a falar, e non falaba. Polo demais, era un meniño normal e con boa saúde. Era espelido e rebuldeiro, e tiña uns ollos negros e agudos cos que expresaba todo o que non dicía con palabras.
A nai achábase algo inqueda, pero vendo aquela cariña sorrinte e o rebulir agarimoso daquelas mans, sentíase feliz, e na casa non había tristuras.
Un día chegaron á aldea os heraldos do rei. Un deles bateu nun tamboril relucinte para que os veciños se achegasen; outro, cando a xente estivo reunida, subiu a un cañoto e dixo: [...]