Facebook
Twitter
Google +
Catro adiviñas
Había unha vez un pobre leñador que posuía moi poucas cousas, a non ser unha sona de sabio e de entendido en misterios. A xente falaba del con moito respecto, repetindo as palabras que dixera e as fazañas nas que tomara parte. Tal sona chegou incluso ós oídos do rei.
Nun comezo, este oíu falar do leñador algunha que outra vez, pero logo as novas sobre el chegábanlle moi seguido, e sentíase amocado.
—Será este pobre leñador tan sabio e tan espelido como di a xente? —preguntoulle un día ós seus ministros.
—Quen sabe —respondéronlle— por que non o poñedes a proba?
—Faládeme del —dixo o rei [...]