A agulla que trema




Unha vez o Mullah, ou sexa o mestre, que se chamaba Nasr-ed-Din, camiñaba polo gran bazar con teito de Isfahán. Saudaba facendo reverencias á esquerda e á dereita cando atopaba a algún dos seus amigos que estaban mercando, vendendo ou facendo relea sobre algún prezo. Apracíalle aquel rebulir do bazar, onde sempre podía bater con alguén que tivese chegado dunha viaxe, por exemplo de Tabriz ou de Hamadán, e ata da afastada India ou do remoto Exipto.
Xustamente onde se cruzan as dúas rúas cubertas do bazar, viu a un grupo de homes que xuntaban as súas cabezas e releaban sobre algo que tiña na man un cameleiro chamado Musa. Como o Mullah quería sabelas todas, achegou o turbante da súa cachola ós do grupo [...]