A mangosta




Todas as mañás saía na amañecida o novo leñador para traballar no bosque, e non volvía ata que se poñía o sol.
A súa muller quedaba soa na palloza o día enteiro, e pasaba o tempo arranxando a pobre casoupa, recollendo garabullos para o fogo, preparando a comida e coidando do meniño que espernexaba no berce.
Era o seu primeiro fillo. Nacera facía uns meses e convertérase na ledicia da nova nai, que só vivía para agarimalo e sentilo á súa beira. Era feliz. Pero, ás veces, sufría con pensamentos que lle viñan e a deixaban inqueda [...]