O cabalo sen amo




Un día un neno e mais seu pai, que pertencían a unha tribo de beduínos, estaban descansando na súa tenda de pelexas de cabra. O teito impedía que pasase o bafo do sol, de maneira que pai e fillo podían estarricarse a xeito enriba das mantas estendidas nas areas do deserto.
Oíron un bruído na parte descuberta da tenda de campaña. Era Sa’da, o cabalo do neno, que metía a súa cabeza debaixo do teito. Pouco a pouco o animal conseguiu meterse de cheo na tenda, para fuxir do sol queimante.
Tamad e seu pai ríronse. Isto acontecía a miúdo, e eles non botaban da sombra acolledora a ningún cabalo [...]