O sapoconcho e o mono comparten unha árbore




Estaba unha vez o sapoconcho tomando o sol na beira do río, cando viu vir un obxecto aboiando sobre a tona da auga. Non tardou en decatarse de que era un bananeiro. Botouse a nado ata chegar a el e foino sacando pouco a pouco. Pero non tivo forza dabondo para levalo máis alá da beira, de xeito que lle pediu ó mono que o acompañase para mostrarlle o que atopara.
—Mira o bananeiro que saquei do río —dixo o sapoconcho—. Axúdame a levalo á miña horta, pois quero plantalo.
Pero o mono quixo sacar proveito e apuxo: —Fareino, sempre que me deas algo de participación no choio [...]