Os catro mozos




Había unha vez catro mozos que vivían nun pobo e inventaban contos estraños e paveros. Un día viron un viaxeiro ben vestido que se repoñía da súa canseira nunha casoupa das aforas. Os catro mozos argallaron roubarlle a boa roupa que o cubría, e con esa intención foron a onde se atopaba e déronlle conversa.
De alí a pouco, un deles propuxo facer un concurso.
—Que cada un de nós conte a súa aventura máis marabillosa —dixo—. E quen dubide da certeza dela converterase en escravo do que a conte [...]