As torres do rei




Hai moito tempo vivía un rei a quen se lle metera na cabeza tocar a lúa. Cavilaba arreo sobre como podería levar adiante tal degoxo. En lugar de atender os lerios do goberno, nas horas en que non durmía botaba contas e máis contas para ver de realizar ese proxecto. Pasaba moitas noites esperto procurando resolver o problema de como tocar a lúa, e cando era vencido polo sono, soñaba co mesmo. Toliño de vez.
Decidiu por fin que tería que erguer un xeito de torre, de maneira que mandou chamar un carpinteiro xefe e ordenoulle que armase un calimbornio que chegase ó ceo [...]