Facebook
Twitter
Google +
As sandalias do chasqui
Nos tempos en que o inca Huiracocha gobernaba a Tahuantinsuio, tiña ó seu servizo a un chasqui a quen quería moito, pois nunha ocasión salváralle a vida con risco da propia.
Hualachi, que así se chamaba o chasqui, era un rapaz valente e de moi bo corazón e sobresaía de entre os demais pola súa intelixencia. Pero tiña un defecto: era distraído.
Se cando estaba no seu traballo batía no camiño aínda que fose co bechoco máis pequeno, ferido, detíñase, adicábase a curalo e esquecíase da obriga que lle encomendaran. Logo, contento e satisfeito da súa obra caritativa, poñíase novamente en marcha para cumprir o mandato do seu señor [...]