O rapaz hortelán




Cóntase que esta era unha señora que tivo un fillo. Un neno que cando naceu choraba moito, e nin sequera quería mamar. Choraba e choraba. Súa nai botouse a remexer nel buscando que podía doerlle, pero nada atopou.
Dispuxo logo que lle fixesen ó neno un atole branco. Fixéronllo deseguida. Mentres o arranxaban, o cativo seguía chorando e a nai achábase moi inqueda. Tan axiña como estivo cocido o atole, correu a criada a levarllo. Aloumiñárono moito para que o tomase, pero o rapaz non quixo. Puxéronllo máis doce, a ver se desa maneira lle apetecía, e tampouco [...]