O mellor e o peor




Houbo unha época na que reinaba en todo o mundo o poderoso amo Obatalá. Era sabio e intelixente e non precisaba axudante algún. Pero Obatalá decidiu buscar a alguén que puidese gobernar a terra no seu lugar.
Pensou en Orula. Era de confiar, aínda que moi novo, e isto quería dicir que non tiña madurecido para gobernar a terra e dirixir os homes.
«Denantes de falarlle disto teño que poñer a proba a súa sabedoría», pensou Obatalá. «Xa verei logo o que fago» [...]