Facebook
Twitter
Google +
As persoas que buscaban o día de mañá
Un home saíu a arranxar uns asuntos. O camiño era longo e comezaba a anoitecer. Andando e andando, veu unha casiña; dirixiuse a ela, tocou na porta e pediu que lle permitisen pasar alí a noite. Deixárono entrar e déronlle comida. Pero deseguida veu como toda a familia se puxo en movemento como para ir a algunha parte.
Ó ver tales arranxos, o forasteiro preguntou:
—A onde van todos vostedes tan tarde?
—Imos na busca do día —dixéronlle.
O forasteiro quedou aloulado; sen saber que dicir, mirou os donos da casa cos ollos moi abertos [...]