O kakuí




Hai moitos anos, moito tempo, nos arredores das grandes fragas norteñas, por onde Salta se achega a Tucumán e a Santiago, vivían xuntos un rapaz e súa irmá nunha pequena palloza de adobe. O único desexo do pequeno indio era procurarlle felicidade á rapaciña. Todas as mañás saía a percorrer o monte na busca de algo que lle dese pracer. Ía na busca de froitas bravas, tunas, ervellacas ou pescaba nos regueiros e nos lagos, ou trepaba polas árbores para coller mel de alpamisqui, e cando atopaba algo saboroso levábao á casa para darllo á súa irmá. Pero á rapazola india parecía que nada lle importaba do que seu irmán facía por ela, e todo llo pagaba con ingratitude. Cada vez que el lle ofrecía un regalo, ela veña de chantarlle axes e burlas. Ás veces, cando máis, dáballe unha pequena trabada á froita que el lle traía e logo guindábaa sen máis, sen preocuparse por todo o traballo que a seu irmán lle custara conseguila [...]