O escravo que era máis sabio que o rei




Era unha vez un rei que tiña tres escravos, cada un dos cales tiña un fillo. Os nenos chamábanse: Ausente, Vidente e Intelixente. Cando tales rapaciños medraron, foron traballar ó servizo do rei. Este dispuxo que lle desen un monllo de centeo a Ausente e outro a Vidente, e a Intelixente un monllo de palla sen gran. Logo díxolles:
—O ano que vén tedes que que traerme trescentos monllos de centeo.
Pasou un ano e, cando colleron a anada, Ausente e Vidente leváronlle ó rei os trescentos monllos de centeo; pero Intelixente levoulle unha cesta de relón. Cando chegaron, Ausente dixo: [...]