Baramba o fachendoso




Había unha vez tres amigos. Os tres tiñan o mesmo nome: Samba. O primeiro chamábase Samba Bimbiri Baramba; o segundo, Samba Karlankaana, e o terceiro, Samba Dunguonootu.
Saíron de caza e xuntáronse nun lugar do bosque. Cada un matara unha ducia de elefantes e entre os tres comeron toda a caza do día.
Cando volveron á aldea comezaron a fachendear:
—Somos os máis fortes! Ninguén pode connosco! Cazamos unha chea de elefantes e papámolos todos [...]