O xuízo de karakush




Cada vez que se aplican as leis de maneira parva ou caprichosa, abrolla nos beizos do pobo un proverbio que di: «coma no xuízo de Karakush».
Cóntase que unha vez un ladrón entrou nunha casa a roubar. Agatuñou polo valado do xardín ata unha xanela que tratou de abrir. Pero o marco era feble e crebouse, de xeito que o ladrón esvarou e partiu unha perna.
Ó outro día, o ladrón, saltando sobre a perna san, foi ver a Karakush, o gobernador, a quen lle dixo, mostrando a perna partida: [...]