Un conto que hai que relembrar




Había unha vez dous irmáns. Levábanse tan ben que non podían pasar un día sen se veren. Así, pois, para non vivir arredados un do outro, fixeron unha casa, mercaron un burro e xuntos adicáronse ó comercio.
Compartían á metade as cativas ganancias, e nunca houbo entre eles anoxo ningún.
Pero aconteceu que o máis novo atopou enterrado un tesouro. E de seguida perdeu a cabeza.
«Quedareime con todo o tesouro», cavilaba. «Como eu fun quen o atopou, é meu. Non lle darei nin frangulla a meu irmán» [...]