O porco e o elefante




Un porco achegouse a un elefante e preguntoulle:
—Dime, que hai que facer para ser tan grande coma ti?
—É un segredo —respondeu o elefante con amabilidade—; pero se queres direiche como farás para conseguilo.
Meteuse monte dentro e de alí a un pouco volveu cunhas estrañas follas máxicas. Non lle dixo ó porco onde as collera.
—Todos os días dareiche algunhas destas follas, e chegarás a ser tan grande coma min —dixo o elefante [...]